Usted está en: Libros / Contos galegos de tradición oral

Descargas de muestra:
Contos galegos de tradición oral
Camiño Noia Campos
-
Edición en papel Formato: 17 x 24
Páginas: 496
Peso: 1.08 Kg
ISBN: 84-95364-16-6
Año: 2002
30,00€
A colección de contos populares galegos que recolle neste libro a profesora Noia ten interese tanto para o lector que gusta da tradición oral, como para o estudioso dos valores etnográficos ou para o filólogo que aprecia as variantes da nosa lingua. Son contos recollidos nos últimos anos do século XX, tal como están na memoria actual dos distintos informantes, e contrastan coa elaboración que ofrecen os distintos contacontos presentes nos medios de comunicación. Van precedidos dunha ampla introducción e cada conto está catalogado segundo a obra de Aarne-Thompson e vai acompañado coas referencias de publicacións anteriores.
Ademais do goce da literatura oral, esta colección de contos galegos descubre as grandes coincidencias entre os distintos pobos europeos e as variantes propias do folclore galego, recollido aquí para que as próximas xeracións galegas poidan seguir contando.
Mª Camiño Noia Campos (Santiago de Compostela, 1945) é Catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo. Ademais de publicacións de carácter universitario sobre crítica literaria, sociolingüística e literatura de muller, ten no seu haber importantes obras de referencia e consulta. Coordinou o Diccionario de sinónimos da lingua galega (1997); é autora de
A nova narrativa galega (1992); publicou Palabra de muller (1992), estudio e escolma de poetas galegas contemporáneas; e foi coautora de Lingua COU, primeiro manual de lingua galega para estudios preuniversitarios.