Usted está en: Libros / Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza

Diccionariodeetnografia

Descargas de muestra:

Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza

Xosé Ramón Mariño Ferro, Xosé Manuel González Reboredo

Colección: Bretema
Materias: Galicia
  • Edición en papel Formato: 17 x 24
    Páginas: 500
    Peso: 1.12 Kg
    ISBN: 978-84-95364-84-5
    Año: 2011
    34,00€

O Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, o primeiro dedicado de maneira monográfica a esta temática, ten o obxectivo de dar a coñecer a nosa rica, complexa e interesante cultura tradicional e valorala como se merece. Ofrece información sobre a cultura material, os aspectos sociais, as crenzas e os saberes: produción agraria, cultivos, apeiros, gando, pesca, oficios, alimentos, transporte, vivenda e feiras; a familia, a herdanza, a infancia, a vellez e o casamento; e tamén as festas, romarías, crenzas, relixiosidade, literatura oral, música, medicina e bruxería.

O lector poderá descubrir que os usos e costumes tradicionais non se deben á ignorancia dos campesiños, artesáns e mariñeiros, senón que son unha resposta razoable a factores xeográficos, históricos, económicos e demográficos concretos. Desa maneira o noso patrimonio cultural revalorízase e aparece como unha base sólida para construír o futuro.

Xosé Ramón Mariño Ferro é profesor titular de antropoloxía cultural na Universidade de Santiago. Nas súas obras descóbrese unha cultura popular que nada ten que ver cos tópicos, pois mostra a funcionalidade non só da cultura material senón tamén dos costumes e mesmo das crenzas que normalmente son tomados por supersticións. Ten publicados máis de vinte libros sobre bruxería, medicina popular, as romarías, o Entroido, os contos marabillosos e o simbolismo animal. En 2008 obtivo o premio íngel Carril de Antropoloxía polo traballo titulado Os amores do cervo.

Xosé Manuel González Reboredo (Lugo, 1946). Etnógrafo e profesor retirado. Na actualidade é coordinador do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega, do Consello de Cultura da Exma. Deputación Provincial de Lugo e do consello editorial do Proxecto Galicia (Hércules de Ediciones). Con anterioridade foi director da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Organizou, e participou, en máis de vinte congresos de antropoloxía e leva publicado máis de 150 artigos e libros de temántica antropolóxica.