Usted está en: Libros / Elisa e Marcela. Alén dos homes

Elisaemarcela

Descargas de muestra:

Elisa e Marcela. Alén dos homes

Narciso de Gabriel

Colección: Bretema
Materias: Galicia
  • Edición en papel Formato: 17 x 24
    Páginas: 320
    Peso: 0.78 Kg
    ISBN: 978-84-95364-75-3
    35,00€

Elisa Sánchez Loriga -convertida en Mario- e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte deste libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Aires, analízanse as medidas adoptadas polas autoridades eclesiásticas, académicas e xudiciais sobre o matrimonio sen home e reconstrúese a repercusión pública do caso. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo. O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do que Elisa se valeu para consagrar os seus amores con Marcela, que as reivindicacións feministas fixeron viables.