Usted está en: Libros / Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea

Historiadasmullerescontemporanea

Descargas de muestra:

Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea

Herminia Pernas Oroza

  • Edición en papel Formato: 15 x 21
    Páginas: 224
    Peso: 0.34 Kg
    ISBN: 978-84-15078-22-7
    Año: 2011
    25,00€

Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de «ángel del hogar» considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola «muller moderna».

Herminia Pernas Oroza é doutora en historia contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña investigadora xira ao redor da historia social de Galicia, da que constitúe un exemplo a súa tese, La condición obrera en Santiago de Compostela durante el siglo XIX, dirixida polo profesor Justo Beramendi. Realizou, así mesmo, contribucións a outros campos da mesma disciplina como as dinámicas sociopolíticas e o comportamento das elites urbanas ao longo do século XX, os movementos migratorios, a historia do ocio e a historiografía de xénero. En 2002 obtivo o Premio Xohana Torres de Investigación do Concello de Santiago, cun estudo sobre a muller compostelá entre finais do século xix e o primeiro terzo do XX. En 2008 gañou o segundo Premio no I Certame Máximo Sar de memoria popular do concello de Caldas de Reis, co traballo titulado De Carmiña a Doña Carmen. Unha experiencia de vida. Formou parte de varios proxectos de investigación na usc e no Museo do Pobo Galego. É autora das seguintes obras: Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século xix e ou primeiro terzo do XX (2003), Las clases trabajadoras en la sociedad compostelana del siglo XIX (2001).